vida a bordo velero por plazas


Vida a Bordo nun Barco Veleiro de Aluguer en Galicia



- respostas a algunhas dúbidas habituais -




experiencia en viajes en velero

É necesaria experiencia previa?

Non. A manobra do noso veleiro é moi simple e aínda que todos colaboran nunha ou outra cousa, só se che encomendarán tarefas acordes ás túas competencias. Se tes experiencia en navegación a vela e queres poñer en práctica os teus coñecementos, fenomenal, pero se non é así, non pasa nada. A filosofía é que cada un colabore no que mellor poida facer.


biodramina en viajes en velero

Pódome marear?

Todo o mundo pode marearse nalgún momento, sobre todo ao principio pola novidade do medio. Con todo, a nosa experiencia de todos estes anos dinos que, no interior das rías, ao non haber mar de fondo nin apenas ondada, é verdadeiramente difícil que ninguén chegue a marearse. En calquera caso, se tes dúbidas, o mellor é tomar unha ou dúas biodraminas de forma preventiva.


ropa en viajes en velero

Que roupa debo levar?

Loxicamente, depende da época do ano, pero como norma xeral o menos posible (o espazo nun barco, mesmo nun como o noso, é sempre escaso). Con todo, tenndo en conta a variabilidade do tempo en Galicia, un chubasqueiro lixeiro e un xersei quentiño, ou unha chaqueta naútica, especialmente para as noites, son moi recomendables.


calzado en viajes en velero

Que calzado debo usar?

IMPRESCINDIBLE, calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de goma branca ou clara tamén vale, o de sola negra deixa marca), e antiescorregadiza. É moi importante que lembres isto. Se o esqueces, terás que andar descalzo.


gafas de sol en viajes en velero

Que outras cousas poden ser útiles?

Queremos insistir en que nos veleiros o espazo é un ben escaso. Procura traer só o imprescindible. Que é o imprescindible? Ganas de gozar do vento, do sol... e sobre todo moita calma e sentido do humor, ademais dos teus artigos de aseo persoal, toallas de baño e de praia.


maletas rígidas en viajes en velero

Podo levar un trolley ou maleta ríxida?

Non. Nos veleiros non hai espazos preparados para gardar maletas ríxidas, e no interior do barco non pode haber nada que non estea debidamente estibado ou firmemente suxeito. Os trolleys con armazón metálico ou ríxidos tampouco serven. É imprescindible utilizar unha bolsa flexible.

De verdade, isto é moi importante. Se traedes unha maleta que non se poda estibar con seguridade no barco, ésta terá que quedar en terra.


comidas en viajes en velero

comidas a bordo

En todas as saídas por horas podedes traer vosa propia comida e bebida. O aconsellable son bocadillos, tortilla, empanada, é dicir, alimentos facilmente transportables e que se poidan consumir case en calquera circunstancia.

Nas viaxes en veleiro de varios días, o día do embarque adóitase facer unha compra xeral de avituallamiento pensando sobre todo en almorzos e xantares a bordo. Tamén é frecuente e agradable -non necesario- baixar a terra para cear. En calquera caso, o barco vai provisto dunha cociña de gas con dous lumes, forno e unha neveira grande tipo arcón.


alcohol en viajes en velero

Pódese beber alcohol no barco?

Só cando o barco estea fondeado ou amarrado, e de maneira moderada. É preciso ter en conta que o consumo excesivo de alcol nun barco é un elemento de alto risco para a seguridade das persoas a bordo. Se algunha persoa contraviñese esta norma e, a xuízo do patrón, chegase a mostrarse en estado próximo á embriaguez, será convidado a desembarcar de maneira inmediata.


otras drogas en viajes en velero

Pódense consumir outras drogas no barco?

Non.


noches en viajes en velero

Onde se dorme polas noites?

Tentamos combinar fondeos en calas, praias ou bahìas protexidas con amarres en portos deportivos.
Este obxectivo está supeditado en última instancia á dispoñibilidade de fondeos ou portos deportivos nas respectivas zonas de navegación.


camarotes en viajes en velero

camarotes e roupa de cama?

Os dous camarotes de popa, prácticamente simétricos, son suficientemente amplos para que durman dúas persoas e están dotados duns pequenos armarios. O camarote de proa utilízao o patrón.< br>
As camas vestímolas con sábanas baixeiras, almofadas e edredones enfundados.

Nas saídas por horas o uso dos camarotes non está permitido


gastos en viajes en velero

gastos a bordo (só en alugueiros de duración superior a 24 horas)

O primeiro día faise un fondo entre a tripulación co cal se vai pagando a comida, o carburante e os amarres. É difícil prever a cantidade exacta porque depende de moitos factores, sobre todo do número de noites que amarremos en portos deportivos e da zona de navegación, pero tamén do vento, do número de persoas a bordo, ou do número de ceas que fagamos no barco. De forma aproximada poderiamos pensar nuns 30 euros por persoa e día para un grupo de catro persoas.


amarrar en puertos deportivos

Canto costa amarrar en portos deportivos?

Cada porto fixa as súas propias tarifas; loxicamente, algúns son máis caros e outros máis baratos. De media, para a eslora do noso barco, de xuño a setembro, debemos calcular entre 35 - 45 euros por noite/barco a repartir entre a tripulación.


aparatos eléctricos en viajes en velero

Podo usar aparellos eléctricos no barco?

O barco dispón de enchufes normais con electricidade a 220 voltios que podemos utilizar soamente cando estamos amarrados e conectados a terra nun porto deportivo. Por outra banda, cando navegamos ou estamos fondeados, que é a maior parte do tempo, podedes recargar os vosos móbiles ou tabletas utilizando os dous bancos de baterías específicos para iso cun cable tipo USB.


agua caliente en viajes en velero

Hai auga quente no barco?

Si. Hai auga quente nas billas e duchas dos dous baños, no vertedoiro da cociña, e na ducha exterior situada no balcón de popa. Aínda que no verán, case todos preferimos unha ducha fresquita e refrescante no exterior... Con todo, debemos lembrar que a auga doce a bordo é un ben limitado que debemos usar responsablemente e con moderación.


mal tiempo en viajes en velero

Que pasa se hai previsión de mal tempo?

A seguridade é o primeiro, por tanto, se a previsión o día da saída é de ventos superiores a Forza 6, ou de choivas fortes e persistentes na área de navegación, cancelariamos as actividades previstas. Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, reintegrariámosvos o total das cantidades cobradas para esa actividade, ou propoñeriámosvos realizala outro día.

Nas travesías de dúas ou máis días, podería ocorrer que as condicións do vento ou do mar, a xuízo do patrón, aconsellen un cambio no roteiro ou a permanencia en porto ou ao abrigo ata que se produza unha melloría. Estas decisións teñen como único obxectivo salvagardar a seguridade dos tripulantes ante unha causa de forza maior e por tanto non poden dar lugar a reclamación, reintegro ou compensación algunha.