Islas Cíes en Velero

Illas Cíes en Veleiro Privado



Barra Separadora


A Xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas


Propoñémosvos alugar o noso veleiro para visitar as Illas Cíes, a xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas, coa exclusividade que proporciona un barco privado. A curta distancia entre estas e os portos de Vigo ou Baiona permite realizar esta excursión en veleiro ás illas Cíes con comodidade nun só día, partindo cara ás 11:30 e regresando a porto, despois de gozar todo un día no noso veleiro, cara ás 19:30

O plan deste roteiro ás illas Cíes en Veleiro Privado, sempre flexible, consiste en navegar un par de horas pola mañá para alcanzar o arquipélago das Illas Cíes cara ao mediodía e escoller despois o mellor lugar para o fondeo.

Que facer unha vez fondeados no noso veleiro nas praias de Cíes? Difícil resposta: quizais tomar o sol en cuberta e darse un refrescante baño?, talvez baixar á praia coa embarcación auxiliar do barco?, seica dar un paseo pola illa? E por que non todo? É o voso día.

O noso consello é que traiades o voso propio pic- nic: unhas tortillas, empanadas, bocadillos ou sandwiches. O noso veleiro de aluguer en Vigo ou Baiona dispón de neveira, ademais dunha cociña por se ademais quixérades quentar algo. Se así o preferides, tamén hai un par de restaurantes na illa.

Pola tarde, abrimos velas de novo para regresar a porto coa satisfacción de ter realizado un marabilloso roteiro polas Cies nun Veleiro Privado.

Barra Separadora

O noso Veleiro de Aluguer para as illas Cíes, desde Vigo ou Baiona


Nuestro Velero

É o noso barco - Reserva directa - Confirmación Inmediata - Sempre ao Mellor Prezo



Barra Separadora

Islas Cíes en Velero

Illas Cíes en Velero


Cando? En Verán, cualquera día da semana, de Xullo a Setembro.

Onde? desde Vigo ou Baiona.

Horarios? De 11:30 a 19:30.

Incluído? Tramitación de Permisos de Navegación e Fondeo nas Illas Cíes

Prezo? 650 euros barco completo.

Grupo Máximo? 8 persoas

Queres reservar con nós?Pulsar




Barra Separadora


Puesta del Sol en Velero - Coruña


As Praias das Illas Cíes en Veleiro Privado

Un dos privilexios de visitar as illas Cies nun veleiro privado é a posibilidade de acceder á illa de San Martiño, ou illa do Sur. A esta illa non chega o transporte público. Soamente se dispós dun barco ou dun veleiro privado podes fondear na praia de San Martiño e coa embarcación auxiliar, ou mesmo nadando desde o barco, chegar á praia.

Tamén podemos botar a áncora do noso veleiro na recollida praia da nosa Señora, na illa do Faro, entre o illote de Viños e o pequeno embarcadeiro da Punta de Carracido. Desde este punto, hai un carreiro que leva ata o Faro dá Porta.

A terceira das praias nas que podemos fondear o noso veleiro nas illas Cíes é a soada praia de Rodas, entre as illas de Monteagudo e do Faro, que constitúe unha barreira arenosa que funciona como unha ponte natural entre ambas as illas. Co seu interesante complexo dunar, está considerada unha das praias máis fermosas de Galicia.

playa de san martiño en velero privado

Avistamento de Aves Mariñas desde o noso Veleiro Privado nas Illas Cíes

Outra das grandes vantaxes de visitar as Illas Cies nun Veleiro Privado é a posibilidade de circunnavegar o arquipélago, navegando a través do estreito paso do Freu de Porta, para observar a cara oeste das illas. Contrastan coa amable cara leste das illas os cantís que funcionan como un muro de contención fronte ás arremetidas do océano, e que son ao mesmo tempo un extraordinario refuxio que permite avistar desde o veleiro as aves mariñas que habitan o arquipélago. Entre as especies ornitolóxicas que podemos avistar atópase a gaivota patiamarela (Larus michaellis) - as 30.000 parellas que nidifican no Parque Nacional constituen a maior concentración mundial da especie - ; o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), tamén moi abundante nas illas Cíes; corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo), mascatos europeos (Morus bassanus), pardelas baleares (Puffinus mauretanicus) e charranes patinegros (Sterna sandvicensis) tamén utilizan as islas como durmideiros; e en menor medida as ameazadas especies de paiños pequenos (Hydrobates pelagicus) e araos (Uria aalge).

avistamiento aves marinas en cies desde velero

Roteiros a pe polas illas Cies en Veleiro Privado

Ademáis das comodidades que supón dispoñer dun veleiro privado para visitar as illas Cies, como darse un baño desde o barco ou tomar cómodamente o sol na cuberta do veleiro, tamén é posible percorrer os distintos roteiros autoguiados polos carreiros das illas. O máis emblemático é o Roteiro do Monte Faro, cunha distancia de 7,4 km e que culmina a 175 metros sobre o nivel do mar no Faro de Cíes. O esforzo dos derradeiros treitos da subida vense recompensados por unhas extraordinarias vistas do arquipélago de Cíes e da ría de Vigo. Menos esixente é o Roteiro do Faro da Porta, de 5,2 km e con menor desnivel, solo 55 m. Na illa de Monteagudo, ou illa do norte, podemos percorrer o Roteiro do Alto do Príncipe, de solo 3 km, pero cun desnivel de 122 metros. E por último, o Roteiro de Monteagudo, de 5,6 km que finaliza no Faro do Peito ou Monteagudo, cun desnivel de 60 metros.

avistamiento aves marinas en cies desde velero


Barra Separadora


Vídeo das Illas Cíes - Turismo de Galicia






Barra Separadora




Notas a ter en conta no Roteiro das Illas Cíes en Veleiro Privado


Incluído en "Ilas Cíes en Veleiro Privado":

-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora, según programa.

-Combustible.

-Taxas portuarias e amarres no porto basee.

-Tramitación de permiso de navegación e fondeo no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

-IVE

Horarios:

De 11:00 a 19:00.


Grupo Máximo:

A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado para navegar con 12 persoas a bordo. Con todo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior comodidade e seguridade de tod@ s no barco, nesta experiencia en veleiro limitamos os grupos a un máximo de 8 persoas.


Equipamento Persoal:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información, consultade o apartado VIDA A bordo no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.


*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.




Quizais, tamén vos podería interesar...









Barra Separadora