
Escapadas en Veleiro desde Coruña.
¡ Navega todo o ano !

Pequenas travesías con escusas variopintas... ou simplemente sen escusas
Que pasaría se unísemos gastronomía e vela? Podería ocorrer que nos inventásemos as mini-travesías gastrovélicas:
centoleiras, polbeiras, percebeiras...
E se pensamos en lume e mar? Poderiamos pasar a noite de San Xoan navegando pola ría e observando as fogueiras da praia desde o mar.
E que vos parecería participar nunha regata sen o stress da competición, só có loable obxectivo de pasar un bo intre navegando entre
outros barcos, porque gañar nin nolo planteamos?
E facer lema da frase atribuída a Pompeyo por Plutarco " navigare necesse est, vivere non necesse" (navegar é necesario, vivir non o é; traducímolo
para os que suspendiades latín); pequenas escapadas de tres ou catro horas para navegar polo pracer de navegar, de romper a rutina, de desconectar do
cotidiano, de recuperar os vínculos coa natureza, co mar, co vento...
Estas e outras propostas as iremos encaixando no calendario que vos enviaremos por mail en función das previsións meteorolóxicas a curto prazo.
Só tedes que envíarnos un e-mail co texto:
"interesados nas escapadas en veleiro"
e manterémosvos informados das escapadas e actividades que vaiamos programando mes a mes.


Calendario das Próximas Escapadas
Escapada Fin de Semana en Veleiro desde Coruña - 10 y 11 de abril de 2021
Navegamos as Rías de Coruña, Ferrol e Sada - Monumento Natural Costa de Dexo - Lorbé - Enseadas de Ares y Redes - Sada - Ría de Ferrol - Mugardos - San Felipe - Mera
Información desta Escapada en Veleiro




Quizais, tamén vos podería interesar...
