Reservas para Alugar o noso Barco Veleiro en Galicia
Por que reservar un veleiro con VelerosGalicia?
Non esperedes atopar o típico barco de chárter traqueteado e descoidado despois de centos de alugueiros. O noso é un veleiro atendido e mantido
con todo o agarimo de quen coida a súa propia casa. De feito, nos meses de verán convertémolo no noso fogar.
Apostamos polo espazo e a seguridade a bordo, polo que mesmo cos 13 metros de eslora do noso veleiro, os grupos máximos son de 8 persoas
nos alugueres e experiencias de menos dun día

Reservas, Pagos e Cancelacións
Podes efectuar as túas reservas contactando connosco no enderezo de correo electrónico:
info ( arroba) velerosgalicia. com ou ben, chamándonos ao número de teléfono 6 5 8 - 3 2 9 4 9 4.
Simplemente confirmade connosco que haxa dispoñibilidade nas datas en que esteades interesados e antes de 24 horas obteredes a
confirmación.
Unha vez obtida a confirmación de dispoñibilidade por correo electrónico, para garantir a reserva é necesario que efectuedes un prepago do
50% do prezo total da mesma. Coa confirmación de dispoñibilidade sinalarémosvos o número da nosa conta corrente para que poidades realizar
a transferencia. Por favor, non esquezades indicar o voso nome e a data de embarque. O 50% restante teredes que abonalo
cunha antelación mínima de 15 días á data de voso embarque.
Esperamos que comprendades que para nós a tempada é moi breve e as prazas que poñemos en alugueiro moi poucas. Por tanto en caso
de cancelación da reserva pola vosa parte teriamos que cobrar as seguintes penalizacións: entre os dous meses e os
30 días anteriores á data de embarque, o 50% das cantidades entregadas a conta, e dentro dos 30 días inmediatamente anteriores á
data do embarque, o 100% das cantidades entregadas.

CANCELACIÓNS FLEXIBLES
Se a viaxe entre o voso municipio ou comunidade autónoma de residencia e o porto previsto para o embarque non é posible debido a restricións legais...
Se as fronteiras do voso país de orixe, ou as de España, están oficialmente pechadas na data da reserva...
Se se prohibe a navegación na zona prevista para o alugueiro do noso veleiro...
En resumo, se debido a restricións legais orginadas polo COVID-19 non podedes embarcar, devolvémosvos o voso diñeiro.