

Algo sobre nós
No ano 2004, a nosa antiga vinculación coa navegación a vela e o mar levounos
a poñer en marcha os proxectos de VelerosGalicia primeiro, e Mares de Ítaca máis adiante.
Desde entón, compartimos a nosa pasíón polo mar con centos de persoas, moitos deles
hoxe grandes amigos, polas costas atlánticas de Galicia e Portugal, e polas illas e costas do mar Mediterráneo.
Despois de todos estes anos, mantemos intacta nosa curiosidade polo mundo que nos rodea. Unha curiosidade inspirada no respecto
ás persoas, á natureza e ao patrimonio cultural. Por iso, o noso interese durante as viaxes en veleiro esténdese por múltiples aspectos
dos lugares navegados: polas súas xentes, o seu idioma e literatura, a súa música e gastronomía, a súa historia e as pegadas que esta nos deixou, o seu territorio
e espazos naturais; pero tamén a súa actualidade tanto en canto espazos vivos e cotiáns para os seus habitantes.
Desde que comezamos esta singradura, alá polo ano 2005, os amigos de VelerosGalicia
e Mares de Ítaca foron aumentando progresivamente, e de feito son eles, é dicir, vós, os que destes, e seguides dando
sentido a estes proxectos.
Gracias a tod@s


Contacto
Podes contactar con nós no número de teléfono que figura a pe de páxina ou tamén por
correoelectrónico no enderezo info (arroba) velerosgalicia.com
As veces, sei estamos de travesía podemos demorar un pouco a resposta. Pero sempre contestamos.
Esperámosvos, tamén a ti, en Veleros Galicia

VelerosGalicia.com é o sitio web a través do cal Imago Mundi - Gestión Turística s.l. comercializa os seu servizos de alugueiro de veleiros en Galicia.

Imago Mundi - Gestión Turística s.l. está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña desde o ano 2004 e o seu Domicilio Social atópase na rúa Real 51, 2ºD de A Coruña - España. CIF: B15965734
