nuestro velero plaza a plaza


O noso Barco Veleiro para Alugar en Galicia


- Un elegante cruceiro Ocenis Clipper 423 de 13 metros de eslora -


O máis habitual en veleiros parecidos ao noso, de 13 metros de eslora, é poñer en alugueiro 11 prazas máis o patrón. Nós pensamos que menos é máis e por tanto, para travesías e paseos nos que non se pernoita no barco reservamos un máximo de 8 prazas.

O resultado é máis espazo, comodidade e seguridade para tod@ s no barco, xa sexa na bañeira, o salón, cuberta, ou simplemente para manobrar ou xestionar as provisións e a neveira; e naturalmente sen que isto repercuta nun prezo maior.

Nas viaxes e travesías en veleiro por Galicia de polo menos 2 días, nos que se pernoita a bordo, reducimos este número a só 4 prazas distribuídas nos dous camarotes dobres de popa.

Soamente cando un grupo de amigos ou unha familia desexa alugar o barco ao completo, habilitamos as dúas prazas adicionais da cama do salón para posibilitar que seis persoas pernoiten a bordo.


Barra Separadora


nuestro barco navegando visto desde proa
nuestro barco navegando visto desde la bañera


Un barco moi mariñeiro: seguro, amplo e cómodo



A manobra a vela está moi simplificada, con enrolladores para as velas maior, xénova e trinqueta, e a cabullería reenviada á bañeira.


Tamén dispón dun winche eléctrico, moi útil para rizar a vela maior con rapidez, subir ao pao, ou izar a neumática á cuberta.


Para os días sen vento, contamos cun motor Volvo de 55 cabalos, fiable, potente e rigurosamente mantido.


E para as manobras en porto, a hélice de proa facilita os atraques en espazos reducidos.


Nos últimos 15 anos navegamos felizmente co noso barco perto de 20.000 millas polo Atlántico e o Mediterráneo:

Portugal, Marrocos, Baleares, Sardeña, Córcega, Sicilia, o Arquipélago Toscano,

as Illas Xónicas, as Cícladas, o Dodecaneso ou Turquía foron alguns dos nosos destinos.

¡o equivalente aproximado a unha volta ao mundo!


Se quieres saber máis sobre as nosas viaxes en veleiro podes consultar

a nosa outra web: www.maresdeitaca.es





salón de nuestro velero

Un barco veleiro para gozalo,

cuns acolledores

interiores en madeira

O Salón - cociña é amplo e moi luminoso.

A abundante cantidade de madeira-caoba, propia dos barcos clásicos e escasa nos modelos máis actuais que usan materiais plásticos máis económicos, contribue a crear unha atmósfera cálida e acolledora.

Os dous camarotes de popa son acordes ao tamaño dun veleiro de 13 metros: suficientemente amplos para que dúas persoas adultas durman con comodidade, con tres escotillas cada un para unha boa aireación exterior, e un enchufe de 220V para usar cando o barco está en porto. A mesa do salón pódese convertir axiña nunha cama dobre.

Dispón, además, de dous baños con ducha de auga fría e quente (ademáis da ducha exterior da bañeira).

Barra Separadora



Ducha en la bañera del velero

A ampla plataforma de popa, coa escalerilla, facilita os chapuzóns desde o barco, e mesmo unha ducha múltiple!

Cubierta de Velero

A cuberta a proa é cha e despexada, perfecta como solarium ou simplemente para gozar da navegación ou dos fondeos.

Brindis en la bañera del barco

A bañeira, tamén moi espaciosa, acolle ata oito persoas con total comodidade.



Barra Separadora

O estado do casco, como se pode observar nas fotos superiores, é excelente. Renovámolo completamente en 2017, tanto a obra viva, que foi repintada, como a obra morta que foi decapada e novamente imprimada.

Está equipado e mantido a conciencia, tanto no referente a medidas de seguridade, como a navegación electrónica: repetidores de plotter e radar no cockpit e na mesa de cartas, AIS, dupla estación de VHF, GPS's e cartografía triplicadas, radiobaliza, balsa salvavidas, ademáis do equipo obrigatorio de seguridade a bordo.

Dispoñemos tamén dunha embarcación neumática auxiliar con motor foraborda para baixar a terra cando estamos fondeados.

Ben equipado,

manteido a conciencia,

e moi seguro

Barra Separadora


Nuestro Velero en el puerto de Kalamos
Oceanis 423 Aleta Estribor
Velero por plazas en ceñida

Displays de Radar y VHF
Prácticas con el Sextante a bordo
Interior de nuestro velero plaza a plaza
Barra Separadora




Alma del Turquesa

Alma Turquesa

... non sei qué é o que ten este barco que impregna aos que chegan dun fabuloso espíritu positivo, solidario e xeneroso. Un espíritu que flue...

Ou quizáis sexa xustamente ao contrario, tanta xente positiva, solidaria e xenerosa ten pasado por él, que a vida a bordo deste non podería ser doutro xeito...






Barra Separadora


Nuestro velero amarrado a las boyas en Cabrera
Bitácora de nuestro velero plaza a plaza
Navegando a motor en las islas Griegas
Fondeados en Ítaca
Aperitivo en nuestro velero por plazas
Baño desde nuestro velero plaza a plaza
Barra Separadora


velero por plazas fondeado en Cerdeña