Paseos e Excursións en Veleiro na Coruña e Sada
- Alugar un Barco nas Rías Altas -

Por qué Alugar un Veleiro en Coruña ou Sada?
Alugar un veleiro en Coruña ou Sada é a mellor maneira para coñecer o fabuloso dominio navegable coñecido co nome do
Golfo Ártabro. O nome procede da antiga tribo dos Ártabros, descrita por Plinio, que habitaban a contorna actual das rías de Coruña,
Ferrol e Sada-Betanzos, antes da chegada dos romanos.
O Golfo Ártabro, a medio camiño entre a Costa da Morte e as Rías Altas, combina enseadas interiores onde apenas se deixa sentir o mar de fondo
con estupendas praias para o fondeo, especialmente no interior da ría de Sada, con tramos agrestes dunha beleza sobrecolledora como o
Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes.
Por outra banda, a propia configuración de física da cidade de Coruña, ocupando unha península natural en cuxo extremo os romanos erixiron o
faro que hoxe coñecemos co nome de Torre de Hércules, propicia unha contorna que convida a observar a cidade desde o mar.
Por último, e non menos atractiva, a navegación á ría de Ferrol, cuxa angosta entrada protexida polos castelos da Palma e San Felipe,
supón un das experiencias náuticas imprescindibles do Golfo Ártabro.
Grazas ao seu tamaño e desprazamento, o noso Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora está habilitado para navegar con 12 persoas a bordo.
Con todo, para maior comodidade e seguridade de todos a bordo, limitamos os grupos a 8 persoas.
Animámosvos a que nos acompañedes!



