Excursións en Veleiro ao PN das Illas Atlánticas de Galicia

Excursións en Veleiro de 1 Día ao PN das Illas Atlánticas de Galicia

- Alugar un Barco en Galicia -



Barra Separadora


Por que unha Excursión de 1 día en Veleiro ao PN das Illas Atlánticas?


Non hai dúbida de que Alugar un veleiro nas Rías Baixas para unha Excursión dun día ás Illas Cíes, Ons ou Sálvora é a forma máis cómoda e relaxada para navegar e coñecer os arquipélagos que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: sen aglomeracións, présas e sobre todo, á vosa medida.

Desde o mes de xullo e ata setembro, desprazamos o noso veleiro desde Coruña, nas Rías Altas, ás Rías Baixas. Gozamos movéndonos entre as rías de Arousa, Pontevedra e Vigo para ofrecervos os nosos servizos desde os distintos portos destas rías.

Desde a ría de Vigo navegamos a as illas Cíes. Os portos de embarque que utilizamos son Vigo e Baiona. As illas Ons visitámolas desde a ría de Pontevedra, en concreto podemos partir tanto desde Sanxenxo como desde Combarro. Por último, para coñecer a illa de Sálvora, saímos dos portos de Vilagarcía e A Pobra do Caramiñal, ambos na ría de Arousa.

As Excursións dun Día en Veleiro ao PN das Illas Atlánticas levámolas a cabo calquera día da semana, de luns a domingo, e teñen sempre o mesmo prezo independentemente do día da semana ou do porto de saída, 690 euros polo barco ao completo. A nosa recomendación, con todo, é que se dispoñedes de marxe de tempo vaiades de luns a xoves, cando o número de barcos e visitantes nas illas é algo menor.

Grazas ao seu tamaño e desprazamento, o noso Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora está habilitado para navegar con 12 persoas a bordo. Con todo, para maior comodidade e seguridade de todos a bordo, limitamos os grupos a 8 persoas.



Barra Separadora

As nosas excursiósn de Un Día en Veleiro ao Parque Nacional das Illas Atlánticas








Barra Separadora

Este é o noso elegante Veleiro para Excursións ao PN das Illas Atlánticas



Nuestro Velero


É o noso barco - Reserva directa sen intermediarios - Sempre a Mellor Prezo



Barra Separadora