Excursión de un día en velero en la Isla de Sálvora

Excursión de 1 Día en Veleiro á Illa de Sálvora

- Alugar un Veleiro en Vilagarcía e A Pobra do Caramiñal -



Barra Separadora


Excursión a la Isla de Sálvora en Velero

Claves da Excursión de 1 Día en Velerio á Illa de Sálvora


Cando? En Verán, cualquera día da semana.

Oónde? desde Vilagarcía de Arousa, Ribeira ou A Pobra do Carmamiñal.

Horarios? de 11:30 a 19:30

Incluído? Tramitación de Permisos de Navegación e Fondeo en Sálvora

Grupo Máximo? 8 persoas.

Prezo? 650 euros Aluguer do Barco ao Completo.

Queres reservar con nós?Pulsar




Barra Separadora


Este é o noso elegante Veleiro para Excursións ao PN das Illas Atlánticas



Nuestro Velero


É o noso barco - Reserva directa - Confirmación Inmediata - Sempre ao Mellor Prezo



Barra Separadora

Excursión de 1 día en veleiro ao Parque Nacional das Illas Atlánticas


O destino desta excursión dun día en veleiro é a illa de Sálvora, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. O arquipélago de Sálvora componse, ademais da illa principal que lle dá nome, dun rosario de illas menores como Noro, Vionta, Herbosa ou Sagres, e un bo número de illotes de nomes tan variados como o Home de Sagres, ou Falcoeiro, As Moas, ou As Quixadas. Nesta excursión dun día en veleiro podemos navegar polos estreitos pasos que se abren entre as illas e que con bo tempo supoñen un atallo considerable para entrar ou saír da Ría de Arousa, ademais de todo un reto á destreza da pilotaxe: o Paso do Carreiro, o Paso de Sagres ou o Paso Interior de Sálvora son bos exemplos.

Desde A Pobra do Caramiñal hai unha distancia aproximada dunhas 10 millas naúticas, e se partimos desde Vilagarcía habería que sumar outras 5 millas. Por tanto, é un día no que poderemos navegar practicamente toda a ría de Arousa para alcanzar o arquipélago que está situado na voda da ría.

Na illa de Sálvora fondeamos en a praia do Almacén, alí onde nos séculos XVII e XVIII operouse unha salgadura de peixe e posteriormente unha pesqueira de atún. Chama a atención a escultura sobre un peñasco no medio da baía da “Sirena dos Mariño”, familia que foi propietaria da illa no pasado. O edificio do Almacén foi reconvertido pola familia do Marqués de Revilla, últimos propietarios da illa antes de que pasase a formar parte do patrimonio natural da Xunta de Galicia, en pazo de veraneo, e a antiga taberna da illa na capela do pazo.

Que facer unha vez fondeados en o noso veleiro na illa de Sálvora? Difícil resposta: quizais tomar o sol en cuberta e darse un refrescante baño?, talvez baixar á praia coa embarcación auxiliar do barco?, seica dar un paseo pola illa? E por que non todo? É o voso día.

O noso consello é que traiades o voso propio pic- nic: unhas tortillas, empanadas, bocadillos ou sandwiches. O noso veleiro dispón de neveira, ademais dunha cociña por se ademais quixésedes quentar algo.Na illa non hai ningún servizo de hostalaría aberto ao público.

Á tardiña regresamos ao porto de orixe para desembarcar ao redor das 19:00 co pracer de navegar a Ría de Arousa e o arquipélago de Sálvora nesta inesquecible Excursión de 1 Día en Veleiro á Illa de Sálvora.

Barra Separadora


Puesta del Sol en Velero - Coruña


Avistamento de Aves Mariñas na nosa Excursión en Veleiro a arquipélago de Sálvora

Unha Excursión de 1 día en Veleiro ao arquipélago de Sálvora é unha ocasión única para navegar polos estreitos pasos que separan a illa principal das illas e illotes adxacentes. Este conxunto pétreo de illas e illotes constitúen o hábitat no que residen numerosas especies de aves mariñas que desde o veleiro podemos observar. Nesta zona podemos avistar gaivota patiamarela (Larus michaellis) - as 30.000 parellas que nidifican no Parque Nacional constitúen a maior concentración mundial da especie - ; o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), tamén moi abundante en Sálvora; corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo), mascatos (Morus bassanus), pardelas baleares (Puffinus mauretanicus) e charráns patinegros (Sterna sandvicensis) tamén utilizan as illas como durmidoiros; e en menor medida as ameazadas especies de paiños europeos (Hydrobates pelagicus) e araos (Uria aalge).

avistamiento aves marinas en cies desde velero

Roteiros a pé pola illa de Sálvora como complemento a esta Excursión en Veleiro

Os percorridos a pé pola illa de Sálvora han de facerse sempre acompañados polos guías oficiais do parque que proporcionan moi interesantes explicacións sobre o patrimonio natural e histórico-cultural da illa.

O paseo habitual comeza na praia do Almacén, onde se atopa o Pazo de Goyanes e a capela. Os antigos propietarios da illa, que a utilizaron como coto privado de caza, reconverteron o antigo edificio destinado á salgadura do peixe en residencia estival.

Desde alí, dirixímonos cara a a Aldea que se atopa ao norte da praia. De camiño pasamos pola Fonte de Santa Catalina na cal podemos ler unha curiosa placa co texto “Auga Virtuosa dá Saúde e Forza”. O antigo poboado de Sálvora está en ruínas pero permítenos entender a contorna na que viviron os colonos da illa: un patio de uso comunitario arredor do cal se dispoñen as pequenas casas de planta baixa e medianeiras compartidas.

Este curto paseo por unha illa que respira natureza atlántica en estado puro ten unha extensión aproximada, ida e volta, duns 2 quilómetros; o desnivel é moi escaso e o nivel de dificultade baixo.

Excursión en Velero a Salvora


Barra Separadora

As nosas excursiósn de 1 Día en Veleiro ao Parque Nacional das Illas Atlánticas









Notas a ter en conta nas Excursións de 1 Día en Veleiro ao PN das Illas Atlánticas


Incluído na Excursións 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas:

-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora.

-Combustible.

-Taxas portuarias e amarres.

-Tramitación de permisos de navegación e fondeo no PN das Illas Atlánticas.

-IVE


Grupo Máximo para esta Excursión de 1 día en Veliero nas Rías Baixas:

A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado para navegacións oceánicas, e con 12 persoas a bordo. Sen embargo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior comodidade e seguridade de tod@s no barco, nas Excursións de 1 día en veleiro nas Rías Baixas limitamos os grupos a un máximo de 8 persoaas.


Equipamento Persoal para a Excursión dun día en Veleiro nas Rías Baixas:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información sobre os Roteiros e Experiencias en veleiro, consultade o apartado VIDA A BORDO no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.


*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.




Barra Separadora