Excursión de un día en velero en las Rías Baixas

Gustaríavos Alugar un Veleiro un Día en Vigo ou Baiona?



Barra Separadora


Excursiones en Velero en las Rías Baixas

Excursión 1 Día en Veleiro na Ría de Vigo


Cando? En Verán, cualquera día da semana.

Oónde? desde Vigo ou Baiona.

Horarios? de 11:30 a 19:30

Grupo Máximo? 8 persoas.

Prezo? 690 euros Aluguer do Barco ao Completo.

Queres reservar con nós?Pulsar




Barra Separadora

Este é o noso elegante Veleiro para Excursións nas Rías Baixas



Nuestro Velero


É o noso barco - Reserva directa sen intermediarios - Sempre ao Mellor Prezo



Barra Separadora



Propoñémosvos o alugueiro do noso barco en Vigo ou Baiona para unha

Excursión dun día en Veleiro pola Ría de Vigo



A ría de Vigo é un espazo navegable moi atractivo que, ademais das Illas Cíes, ofrece outros interesantes roteiros de navegación. Neste programa propoñémosvos navegar pola marxe norte da ría, aos pés da península do Morrazo, entre os campos de bateas que se estenden fronte ás principais poboacións desta zona: Domaio, Moaña e Cangas. Na marxe norte atopamos algunhas das praias máis prestixiosas da ría: Limens, Nerga e sobre todo Barra. Esta última é a nosa praia favorita para fondear na ría de Vigo. Un extraordinario areal que brilla sobre o verde dos piñeirais.

Fondeamos en Barra e xantamos no barco. Coa pneumática auxiliar podemos desembarcar na praia para dar un paseo pola area ou baixo os piñeirais. Haberá, seguro, quen prefira permanecer no barco: tempo para tomar o sol perezosamente na cuberta e para zambullirse nas augas da ría desde a plataforma de baño.

O noso consello habitual nas excursións dun día en veleiro é que traiades o voso propio pic- nic: unhas tortillas, empanadas, bocadillos ou sandwiches. Dispoñemos no barco dunha neveira, ademais dunha cociña por se ademais quixésedes quentar algo. Se preferides baixar a terra a comer, hai varios chiringuitos na zona.

A media tarde recollemos o fondeo e volvemos navegar. As brisas impúlsannos pola ría e a medida que o sol vai baixando, en busca de refuxio no horizonte, a luz atlántica vaise tiñendo dos cálidos tons do atardecer.

Ao redor das 19:30, xa amarrados a porto, despedímonos mentres desembarcades.

Será ata a próxima.



Paseo en Velero Vigo - Fondeo en la Playa de Barra


Barra Separadora


Máis Excursións de 1 día en Veleiro nas Rías Baixas










Notas a ter en conta nas Excursións de 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas


Incluído na Excursións 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas:

-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora.

-Combustible.

-Taxas portuarias e amarres.

-IVE


Grupo Máximo para esta Excursión de 1 día en Veliero nas Rías Baixas:

A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado para navegacións oceánicas, e con 12 persoas a bordo. Sen embargo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior comodidade e seguridade de tod@s no barco, nas Excursións de 1 día en veleiro nas Rías Baixas limitamos os grupos a un máximo de 8 persoaas.


Equipamento Persoal para a Excursión dun día en Veleiro nas Rías Baixas:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información sobre os Roteiros e Experiencias en veleiro, consultade o apartado VIDA A BORDO no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.


*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.




Barra Separadora