Excursión dun día en veleiro nas Rías Baixas

Gustaríavos Alugar un Veleiro un Día en Sanxenxo ou Combarro?



Barra Separadora


Excursiones en Velero en las Rías Baixas

Excursión 1 Día en Veleiro na Ría de Pontevedra


Cando? En Verán, cualquera día da semana.

Oónde? desde Portonovo, Sanxenxo ou Combarro.

Horarios? de 11:30 a 19:30

Grupo Máximo? 8 persoas.

Prezo? 650 euros Aluguer do Barco ao Completo.

Queres reservar con nós?Pulsar




Barra Separadora

Este é o noso elegante Veleiro para Excursións nas Rías Baixas



Nuestro Velero


É o noso barco - Reserva directa - Confirmación Inmediata - Sempre ao Mellor Prezo



Barra Separadora



Propoñémosvos o alugueiro do noso barco en Sanxenxno ou Combarro para unha

Excursión dun día en Veleiro pola Ría de Pontevedra



A ría de Pontevedra, coa súa posición central entre as Rías Baixas galegas, ofrece ademais dos roteiros de navegación a as illas Ons outras interesantes alternativas. Nesta proposta presentámosvos un roteiro na cal atravesamos a ría de Pontevedra, navegando desde Sanxenxo ou Combarro, cara a esa formidable enseada interior que coñecemos co nome de Ría de Aldán.

A Ría de Aldán caracterízase por unha chea de areais, tanto no seu parte oriental como na occidental que ofrecen sempre unha boa alternativa para un fondeo tranquilo. Aínda que aberta ao norte, o mar de fondo non adoita entrar na ría. Gústanos fondear na parte máis meridional, próximos á vila de Aldán. Pola súa proximidade ao porto deportivo de Sanxenxo, adoita ser o lugar elixido polos grandes iates que amarran de forma permanente neste porto para pasar o día no mar. Ver e deixarse ver.

Fondeamos na ría de Aldán e xantamos no barco. Coa pneumática auxiliar podemos desembarcar nas súas praias para dar un paseo. Haberá, seguro, quen prefira permanecer no barco: tempo para tomar o sol perezosamente na cuberta e para zambullirse nas augas da ría desde a plataforma de baño.

O noso consello habitual nas excursións dun día en veleiro é que traiades o voso propio pic- nic: unhas tortillas, empanadas, bocadillos ou sandwiches. Dispoñemos no barco dunha neveira, ademais dunha cociña por se ademais quixésedes quentar algo. Se preferides baixar a terra a comer, hai varios bares e restaurantes na zona.

Á tardiña recollemos a áncora e retomamos a navegación. É un momento moi fermoso do día, cando a luz do sol se atenúa e as cálidas cores do atardecer envolven a atmosfera.< br>
Ao redor das 19:30, xa amarrados a porto, despedímonos mentres desembarcades.

Será ata a próxima.



Paseo en Velero Pontevedra - Fondeo en la Ría de Aldán


Barra Separadora


Máis Excursións de 1 día en Veleiro nas Rías Baixas










Notas a ter en conta nas Excursións de 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas


Incluído na Excursións 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas:

-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora.

-Combustible.

-Taxas portuarias e amarres.

-IVE


Grupo Máximo para esta Excursión de 1 día en Veliero nas Rías Baixas:

A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado para navegacións oceánicas, e con 12 persoas a bordo. Sen embargo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior comodidade e seguridade de tod@s no barco, nas Excursións de 1 día en veleiro nas Rías Baixas limitamos os grupos a un máximo de 8 persoaas.


Equipamento Persoal para a Excursión dun día en Veleiro nas Rías Baixas:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información sobre os Roteiros e Experiencias en veleiro, consultade o apartado VIDA A BORDO no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.


*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.




Barra Separadora