Excursións en Veleiro polas Rías Baixas
- Alugar un Barco en Galicia -

Por que unha Excursión dun día en Veleiro polas Rías Baixas?
As Rias Baixas, o paraíso marítimo do sur de Galicia, piden ser vividas desde o mar. Con ese obxectivo, presentámosvos a nosa oferta de
Excursións dun Día en Veleiro nas Rías Baixas para os meses de xullo e agosto. Estas excursións en veleiro abarcan as tres rías máis meridionais
de Galicia: a ría de Vigo, a ría de Pontevedra e a ría de Arousa.
No mes de xullo, e ata setembro, trasladamos o noso veleiro desde a súa base invernal nas Rías Altas cara ás Rías Baixas e encántanos movernos entre as
distintas rías para poñer os nosos servizos á vosa disposición.
A próxima tempada de verán 2021 poñemos en marcha unha serie de Excursións dun Día en Veleiro con saída desde os portos de Vilagarcía, A Pobra do Caramiñal,
Sanxenxo, Combarro, Vigo e Baiona.
As Excursións dun Día en Veleiro nas Rías Baixas levámolas a cabo calquera día da semana, de luns a domingo, e teñen sempre o mesmo
prezo independentemente do día da semana ou do porto de saída, 690 euros polo barco ao completo.
Grazas ao seu tamaño e desprazamento, o noso Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora está habilitado para navegar con 12 persoas a bordo.
Con todo, para maior comodidade e seguridade de todos a bordo, limitamos os grupos a 8 persoas.


