
Gustaríavos Alugar un Veleiro un Día en Vilagarcía ou A Pobra do Caramiñal?


Excursión 1 Día en Veleiro na Ría de Arousa
Cando? En Verán, cualquera día da semana.
Oónde? desde Vilagarcía ou A Pobra do Caramiñal.
Horarios? de 11:30 a 19:30
Grupo Máximo? 8 persoas.
Prezo? 690 euros Aluguer do Barco ao Completo.
Queres reservar con nós?

Este é o noso elegante Veleiro para Excursións nas Rías Baixas

É o noso barco - Reserva directa sen intermediarios - Sempre ao Mellor Prezo

Propoñémosvos o alugueiro do noso barco en Vilagarcía ou A Pobra do Caramiñal para unha
Excursión dun día en Veleiro pola
Ría de Arousa
Que difícil elixir o destino de navegación nun lugar como a ría de Arousa. A máis extensa e ampla das rías galegas é un mar interior en se
mesma, e acapara tal número de atractivos para a navegación e o fondeo que o noso maior dilema sempre é o mesmo: a que marabilloso lugar iremos hoxe?
Partindo tanto de Vilagarcía de Arousa como de A Pobra do Caramiñal as opcións mantéñense intactas. Os nosos lugares preferidos,
se nos vísemos obrigados a elixir, probablemente serían as praias da península do Cabío e da Illa de Arousa; tamén esa especie de Caribe galego
que forman os “ Xidoiros” no Areoso; ou o espazo natural do Carreirón, ao suroeste da illa de Arousa.
O noso consello habitual nas excursións dun día en veleiro nas Rías Baixas é que traiades o voso propio pic- nic: unhas tortillas, empanadas,
bocadillos ou sandwiches. Dispoñemos no barco dunha neveira, ademais dunha cociña por se ademais quixésedes quentar algo. Se preferides baixar a terra a comer, sempre
podemos prever algún fondeo con oferta de bares ou restaurantes próximos.
Cara ao atardecer levantamos o fondeo e retomamos a navegación. Que pracer regresar aos portos da ría de Arousa nese momento máxico do día en que a atmosfera
se tingue das cálidas cores do atardecer e unha calma xeral parece envolvelo todo.
Ao redor das 19:30, xa amarrados a porto, despedímonos mentres desembarcades.
Será ata próxima.


Máis Excursións de 1 día en Veleiro nas Rías Baixas
Notas a ter en conta nas Excursións de 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas
Incluído na Excursións 1 Día en Veleiro nas Rías Baixas:
-Navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora.
-Combustible.
-Taxas portuarias e amarres.
-IVE
Grupo Máximo para esta Excursión de 1 día en Veliero nas Rías Baixas:
A eslora (lonxitude medida de proa a popa) do noso veleiro é de 13 metros. Polo seu tamaño e desprazamento (capacidade) está habilitado
para navegacións oceánicas, e con 12 persoas a bordo. Sen embargo, nós sempre pensamos que menos é máis, e por tanto, para maior
comodidade e seguridade de tod@s no barco, nas Excursións de 1 día en veleiro nas Rías Baixas limitamos os grupos a un máximo de 8
persoaas.
Equipamento Persoal para a Excursión dun día en Veleiro nas Rías Baixas:
-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado
de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.
-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas do día do paseo. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco
que en terra.
Información Importante Adicional:
Por favor, para maior información sobre os Roteiros e Experiencias en veleiro, consultade o apartado VIDA A BORDO no menú da nosa web, onde
atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.
*Nos alugueiros de duración inferior a 24 horas, nos que non se pernoita no barco, o uso dos camarotes non está permitido.
