Escapada en Velero a cabo Fisterra desde Muros

Escapada de 2 días en Veleiro ao cabo Fisterra desde Muros

- Alugar un Veleiro en Muros ou Portosín -



Barra Separadora

Mapa Ruta en Velero a Ons y Cies desde Sanxenxo

Rías Baixas en Veleiro: rumbo a Cabo Fisterra

Cando? Meses de Verán.

Duración? Dous días

Distancia? 40 - 45 millas

Porto de Embarque? Muros ou Portosín

Grupo Máximo? 4 - 6 persoas

Prezo? 1.300 euros - Barco Completo

Gustaríache reservar esta Escapada en Veleiro?Pulsar





Barra Separadora

Navegar Galicia en Velero

Barra Separadora


Rumbo a Fisterra desde Muros ou Portosín nun Veleiro de 13 metros de eslora


Que afeccionado da navegación a vela non soñou algunha vez con dobrar o mítico cabo de Fisterra nun veleiro. Alí onde a terra termina e móstrasenos a inmensidade do océano. Ata o lendario promontorio de Fisterra navegamos neste roteiro en veleiro de 2 días desde a ría de Muros e Noia co obxectivo de celebrar o crepúsculo atlántico ante o abismo da fin da terra.

Dous días completos a bordo do noso veleiro para explorar con tranquilidade a ria de Muros e Noia e o gran seo de Corcubión. Unha escapada de dous días no mar para deixar atrás as rutinas cotiás a través dunha inmersión na fascinante natureza atlántica.

Esperámosvos !



Barra Separadora


Este é o noso elegante Veleiro de Aluguer para o Roteiro a cabo Fisterra desde Muros



Nuestro Velero


É o Noso Barco - Reserva directa sen intermediarios - Sempre ao Mellor Prezo



Barra Separadora


Notas Importantes para este Roteiro de 2 Dias en Veleiro a Ons - Cíes - Ría de Vigo

Itinerario:

É importante que entendades que o itinerario anteriormente descrito ten un carácter meramente orientativo. Nada máis perigoso nunha viaxe en veleiro que aferrarse a plans fixados de antemán sen ter en conta as condicións meteorolóxicas e o estado do mar presente e futuro. A seguridade e o benestar da tripulación son os principios innegociables nos que se sustentan as decisións que día a día toma o patrón: cando saír ao mar, cando permanecer en porto, cantas millas navegar cada día, que rumbos tomar, en que porto ou fondeadoiro recalar. Por tanto, pode ocorrer que, sempre en función do estado do mar e do vento, as etapas de navegación e os portos e fondeadoiros de recalada decididos polo patrón non coincidan co itinerario orientativo inicialmente descrito. A reserva nesta singradura leva implícita o coñecemento e aceptación do contido dos parágrafos anteriores. Moitas grazas pola vosa comprensión.

Que está incluído no prezo?

-2 días de navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora, según programa.
-1 noite de aloxamiento no barco. (opción a unha noite extra embarcando o día anterior - consultade connosco)
-Todas as taxas portuarias e coste dos amarres en portos deportivos.
-Tramitación de Permisos de Navegación e Fondeo no PN das Illas Atlánticas.
-Combustible.
-Roupa de Cama: sábanas baixeras, almofadas e edredóns enfundados.
-Neumática Auxiliar con motor fora borda.
-Limpeza de final de travesía.
-Seguro de Accidentes.
-IVE

*NON están incluídas comidas nin bebidas.


Horarios:

O embarque realízase o primeiro día, a partir das 11:00 am.

O desembarque realízase o segundo día, antes das 19:00 pm.


Camarotes:

Os dous camarotes de popa, practicamente simétricos e acordes aos 13 metros de eslora do noso veleiro son suficientemente amplos para que durman dúas persoas e están dotados duns pequenos armarios para estibar a roupa e os efectos persoais. O camarote de proa utilízao o patrón.

Cando unha familia ou grupo de amigos así nolo require podemos habilitar a cama convertible do salón para aumentar a capacidade de pernoita no barco a 6 prazas.


Equipamento Persoal:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas da semana de viaxe. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.

-Traede a vosa equipaxe nunha bolsa flexible. Os " trolleys", maletas ríxidas ou con armazón metalíca, non se poden deixar no barco. Verdadeiramente, isto é importante xa que co movemento propio da navegación no mar, é imprescindible que todos os obxectos estean firmemente suxeitos e nun veleiro os poucos espazos dispoñibles non teñen capacidade para almacenar maletas ríxidas. Se obviades estas instruccións, teredes que encargarvos vós mesmos de buscar un lugar onde deixalas ata o día seguinte.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maís información, consultade o apartado Vida a Bordo no menú da nosa web, onde atoparede moitas respostas ás dúbidas máis habituais.





Quizás, tamén vos podería interesar...









Barra Separadora