Escapada en Velero Fin de Semana desde Coruña


Escapadas en Veleiro - Galicia

- Fin de Semana en Veleiro desde Coruña -



Barra Separadora


Mapa de la Ruta Escapada Fin de Semana en Velero Coruña

Fin de Semana en Veleiro: Coruña

¿Cando? de Marzo a Xullo, e de Setembr a Novembro.

Duración? Fin de Semana

Distancia? 35 millas

Porto de Embarque?A Coruña

Grupo Máximo? 4 persoas

- Para familias o grupos de amigos podemos aumentar a capacidad máxima a 6 persoas -

Prezo? 250 euros por persoa

Queres reservar con nós?Pulsar





Barra Separadora

Navegar Galicia en Velero

Barra Separadora


Todo un Veleiro de 13 metros de eslora para Grupos Reducidos


Propoñémosvos unha escapada de fin de semana en veleiro polo Golfo Ártabro, este atractivo dominio navegable que inclúe as rías de Coruña, Ferrol e Sada. Dous días para desconectar da rutina, do coche ou o transporte público, da tensión e as servidumes do cotián e entrar en contacto coa natureza atlántica, co mar, co vento, coas apracibles e ao mesmo tempo emocionantes sensacións da navegación a vela e a vida a bordo do noso veleiro.

Nesta escapada en veleiro desde Coruña navegamos por lugares tan interesantes como o Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes, os campos de bateas de Lorbé, os castelos da ría de Ferrol e Mugardos, a ría de Sada, as enseadas de Ares e Redes, ademais de poder observar a mítica Torre de Hércules desde o mar.

Esperámosvos !



Barra Separadora


Nuestro Velero


Barra Separadora


Itinerario Orientativo da Viaxe en Veleiro:

Escapada Fin de Semana en Veleiro desde Coruña



Día 1 - Sábado: Coruña - M.N. Costa de Dexo y Serantes - Lorbé - Ares - Redes - Sada

O sábado ás 11:00 atopámonos no porto e presentámosvos ao que a partir dese momento é o voso veleiro para a fin de semana. (Opción de embarcar a noite do venres e durmir no barco: consultade connosco a dispoñibilidade.)

Estes primeiros momentos da mañá sérvennos para que vos familiaricedes con o voso barco; camarotes, equipos de seguridade, uso dos baños, cociña, neveira, sistemas eléctrico e de auga doce a bordo, etc.

Despois, repasamos xuntos sobre a carta a singradura prevista tendo en conta as últimas informacións meteorolóxicas e en función diso concretamos o plan de navegación.

E largamos as amarras !

Franja Coruña en Velero

Empezamos a nosa travesía en veleiro polo porto de Coruña. A ampla zona portuaria combina as dársenas para a náutica de recreo, coa lonxa pesqueira (unha das primeiras de España en descargas de pesca fresca), e a zona industrial dedicada especialmente ao tráfico de petróleo e graneis. Observamos desde o mar o castelo de San Antón, hoxe sede do Museo Arqueolóxico, o dique de abrigo e a esvelta torre de Control Marítimo.

puerto de coruña en velero

Desde o porto de Coruña poñemos rumbo cara ao Seixo Branco, a prominente veta de cuarzo branco que dá nome a estes cantís coruñeses. Aquí, aos pés do faro de Mera, comeza un dos tramos de costa máis agrestes e atractivos do litoral coruñés, razón pola cal foi protexido pola Xunta de Galicia como Monumento Natural - Costa de Dexo e Serantes. Navegamos preto da costa, pasamos os illotes de a Marola, o Corval e o Marolete e enfilamos cara ás puntas da Torrella e o Redondo, que protexen a enseada do pequeno porto pesqueiro de Lorbé. Observamos os campos de bateas onde se cultivan os seus apreciados mexillóns.

Costa de Dexo Velero

Dando bordos entre as bateas pasamos polo illote do Gaivoteiro e a punta de San Mamede desde onde cambiamos o rumbo, esta vez cara ao leste, para enfilar cara a as enseadas de Ares e Redes. Ares e Redes son os fondeadoiros preferidos polas embarcacións de recreo que navegan nas rías de Coruña e Sada. Con bo tempo, son lugares perfectos para darse un bo baño desde o barco. Podemos, ou ben fondear e xantar no barco, ou ben amarrar no porto deportivo de Ares e baixar a terra a comer. A media tarde, poñémonos en marcha. O noso obxectivo é seguir navegando pola ría e entrar no porto deportivo de Sada, onde pasamos a noite amarrados. No porto de Sada hai múltiples opcións para unha boa cea a base de peixe.

Fondeados en Ares y Redes

Día 2 - Domingo: Sada - Ría de Ferrol - Mugardos - San Felipe - Mera - Coruña

Despois do almorzo incluído no barco, largamos as amarras. O noso primeiro obxectivo de día é navegar cara ao norte buscando a bocana de a ría de Ferrol. Deixamos por babor o novo porto exterior, e por estribor a recoleta enseada de Chanteiro. Angosta e profunda; así é a entrada á ría de Ferrol. Perfecta para defender o gran porto natural que esconde. Ninguén que navegue en Galicia debería perderse esta experiencia: seguir enfilaciones, zigzaguear entre balizas, afastarse ou achegarse ás beiras en función da corrente e as mareas, e finalmente alcanzar ese estreitamento único protexida por senllos castelos, San Felipe e A Palma, impresionantes obras de arquitectura militar, que durante séculos protexeron eficazmente o Arsenal e os Estaleiros ferroláns dos ataques de corsarios británicos, franceses e holandeses.

Ría Ferrol en Velero

Unha vez no interior da ría podemos amarrar no pintoresco pobo de Mugardos, famoso polo seu "Polbo á Mugardesa" e polos " Chocos da Ría", e degustar estas delicias gastronómicas nalgunha das tabernas do porto, ou ben fondear nas enseadas de San Felipe ou O Baño para gozar do xantar no veleiro. Despois da comida podemos desembarcar coa pneumática no peirao do castelo de San Felipe para coñecer o interior desta formidable fortaleza costeira.

Castillos de San Felipe en Ferrol en Velero

A media tarde, poñémonos novamente en marcha para saír da ría de Ferrol e regresar á ría de Coruña. Se o tempo é propicio, antes de entrar a porto podemos facer un último fondeo na praia de Mera para darnos un baño de fin de singradura. Ao redor das 19.00 amarramos de volta no porto deportivo de Coruña con enerxía renovada e a coa satisfacción de ter vivida unha estupenda fin de semana en veleiro.

Despedida del Fin de Semana en Velero


Será ata a próxima!





Notas a ter en conta nesta experiencia en veleiro


Itinerario:

É importante que entendades que o itinerario anteriormente descrito ten un carácter meramente orientativo. Nada máis perigoso nunha viaxe en veleiro que aferrarse a plans fixados de antemán sen ter en conta as condicións meteorolóxicas e o estado do mar presente e futuro. A seguridade e o benestar da tripulación son os principios innegociables nos que se sustentan as decisións que día a día toma o patrón: cando saír ao mar, cando permanecer en porto, cantas millas navegar cada día, que rumbos tomar, en que porto ou fondeadoiro recalar. Por tanto, pode ocorrer que, sempre en función do estado do mar e do vento, as etapas de navegación e os portos e fondeadoiros de recalada decididos polo patrón non coincidan co itinerario orientativo inicialmente descrito. A reserva nesta singradura leva implícita o coñecemento e aceptación do contido dos parágrafos anteriores. Moitas grazas pola vosa comprensión.

Que está incluído no prezo?

-2 días completos de navegación no noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper de 13 metros de eslora.
-1 noite de aloxamiento no barco. (opción a unha noite extra o venres - consultade con nós)
-Todas as taxas portuarias e coste dos amarres en portos deportivos.
-Combustible.
-O almorzo no barco a mañá do segundo día.
-Roupa de Cama: sábanas baixeiras, almofadas e edredóns enfundados.
-Pneumática Auxiliar con motor fora borda.
-Limpeza de final de travesía.
-Seguro de Accidentes.
-IVE

*NON están incluídas outras comidas ou bebidas aparte do almorzo do segundo día.


Horarios:

O embarque realízase o primeiro día, sábado, a partir das 11:00 am.

O desembarque realízase o segundo día, domingo, antes das 19:00 pm.


Camarotes:

Os dous camarotes de popa, practicamente simétricos e acordes aos 13 metros de eslora do noso veleiro son suficientemente amplos para que durman dúas persoas e están dotados duns pequenos armarios para estibar a roupa e os efectos persoais. O camarote de proa utilízao o patrón.

Cando unha familia ou grupo de amigos así nolo require podemos habilitar a cama convertible do salón para aumentar a capacidade de pernoita no barco a 6 prazas.


Equipamento Persoal:

-Imprescindible calzado tipo náutico ou de sola de goma branca ou moi clara (calzado deportivo de sola de goma branca ou clara tamén vale). O calzado de sola ou goma negra non se pode usar no barco. E claro, os tacóns tampouco.

-Traede roupa acorde ás previsións meteorolóxicas da fin de semana. Tede en conta, que para ben ou para mal, no mar sempre fai máis fresco que en terra.

-Traede a vosa equipaxe nunha bolsa flexible. Os " trolleys", maletas ríxidas ou con armazón metalíca, non se poden deixar no barco. Verdadeiramente, isto é importante xa que co movemento propio da navegación no mar, é imprescindible que todos os obxectos estean firmemente suxeitos e nun veleiro os poucos espazos dispoñibles non teñen capacidade para almacenar maletas ríxidas. Se obviades esta instrución, teredes que encargarvos vós mesmos de buscar un lugar onde deixalas ata o día seguinte.


Información Importante Adicional:

Por favor, para maior información, consultade o apartado VIDA A bordo no menú da nosa web, onde atoparedes moitas respostas ás dúbidas máis habituais.




Quizais, tamén vos podería interesar...









Barra Separadora