Escapadas en Veleiro nas Rías Baixas e Coruña
- Alugar un Barco en Galicia -

Por qué unha Escapada de 2 días en Veleiro nas Rías Baixas ou Coruña?
Alugar un Barco para unha Escapada de 2 días en veleiro nas Rías Baixas ou Coruña presenta unha serie de vantaxes adicionais ao clásico
alugueiro dun veleiro para unha excursión de 8 horas. En primeiro lugar o tempo: permítenos explorar con máis tranquilidade a zona de navegación e prolongar o tempo dos
fondeos. Por outra banda, os dous días que pasades a bordo facilitan chegar a lugares aos que cunha excursión de 4 ó 8 horas sería simplemente imposible.
Pero sobre todo, a experiencia de todos estes anos dinos que pasar a noite durmindo no barco, normalmente fondeados en praias ou baías, deixa
unha pegada indeleble na vosa memoria: o silencio da noite baixo as estrelas e o doce espertar flotando entre o ceo e o mar.
Propoñémosvos distintas opcións de embarque para que esteades onde esteades en Galicia, poidades escoller a vosa escapada de 2 días en veleiro. No verán encántanos
movernos polas Rías Baixas e podémosvos ofrecer os nosos servizos para alugar o barco na ría de Vigo, embarcando en Vigo ou Baiona; na ría de Pontevedra,
desde os portos de Sanxenxo ou Combarro; na ría de Arousa, con embarque en Vilagarcía ou A Pobra do Caramiñal; e na ría de Muros e Noia,
con saída desde os portos deportivos de Muros ou Portosín..
No prezo das escapadas, sempre o mesmo independentemente do día da semana que embarquedes, está incluída a roupa de cama, o gasoil que podamos consumir
e os gastos de amarre en portos deportivos, incluso fora do porto base, para que non vos teñades que preocupar de nada máis que de gozar do barco e do mar.
A ocupación óptima do barco é de 4 persoas distribuídas nas cabinas dobres de popa. A de proa utilízaa o patrón. Con todo, tamén é posible habilitar
a cama convertible do salón para aloxar a outras 2 persoas, é dicir, un máximo de 6 persoas..

Escapadas de Dous Días en Veleiro nas Rías Baixas e Coruña
Alugar Veleiro 2 Días
nas Rías Baixas e Coruña
É o noso barco - Reserva directa - Confirmación Inmediata - Sempre ao Mellor Prezo