Yacht Charter in Galicia


Aluguer de Veleiro na Coruña e nas Rias Altas


Dáche o capricho: aluga o noso veleiro Beneteau Oceanis 423 Clipper


Seguro, espacioso e tamén moi bonito: así é o noso veleiro de 13 metros, que poñemos ao voso dispor para alugar desde o porto da Coruña, de marzo a xullo e de setembro a novembro. Nos meses de verán tamén disponible nas Rías Baixas. Alugable para medio dia, e dia enteiro


Barra Separadora


Barco de Alugueiro na Coruña


Barra Separadora


TARFIAS - ALUGUEIRO do noso Veleiro na Coruña

- Alugueiro de barco a vela 1/2 dia (4 horas) mañá ou tarde: 390 euros

- Alugueiro de barco a vela dia enteiro (8 horas) das 11h ás 19h: 650 euros

- Alugueiro de barco a vela horas adicionais : 100 euros / hora .

- Alugueiro de barco a vela Fin de semana , de sábado ás 11h a domingo ás 19h: 1.200 euros

* Tamén podemos prever embarques e desembarques en Ferrol, Ares ou Sada . Consultádenos.

Queres saber maís sobre o noso veleiro? Pulsar


Observacións importantes sobre alugueiros de duración menor de 24 horas


Que está incluído no prezo?

- Taxas de amarre no porto base.

- Combustible

- Seguro de acidentes

- IVA

* En alugueiros de menos de 24 horas non está permitida a utilización das cabinas.


Número máximo de persoas:

A eslora do noso veleiro é de 13 metros. Grazas ao seu tamaño e desprazamento (capacidade) está legalmente habilitado para navegación oceánica e con 12 persoas a bordo. Porén, sempre pensamos que menos é mais e, portanto, para garantir maior confort e seguridade para todos no barco, limitamos os grupos a un máximo de 8 persoas .


Equipamento persoal:

-É imprescindible usar calzado tipo náutico ou con sola branca ou de goma moi clara (vale tamén calzado deportivo con sola branca ou goma clara). As solas negras non poden ser usadas no barco. E, claro, os tacón tampouco.

-Traede roupa de acordo coas previsións do tempo do dia. Tede en mente que, para o ben ou para o mal, no mar estase sempre un pouco maís fresco que en terra.


Informacións adicionais importantes:

Por favor, non deixedes de consultar a sección VIDA A BORDO no menu da nosa web, onde atoparedes moitas respostas para as preguntas maís frecuentes.




Barra Separadora



Observacións importantes sobre alugueiros de duración superior a 24 horas


Que está incluído no prezo?

- Taxas de amarre no porto base.

-Roupa de cama: sábanas baixeiras, almofadas e edredróns enfundados.

-Neumática auxiliar con motor fora borda

-Limpeza final ao remate da viaxe.

-Seguro de Acidentes

-IVA

* Alimentos ou bebidas, taxas de atraque en marinas fora do porto base e combustible NON están incluídos .


Horário:

O embarque facémolo o primeiro dia de alugueiro a partir das 11h00.

O desembarque ten lugar o último dia de alugueiro antes das 19:00

En alugueiros de Fin de Semana, cabe a posibilidade de embarcar o venres á noite. Consultade con nós.


Camarotes:

Os dous camarotes de popa, práticamente simétricos, son suficientemente espaciosos para que durman dúas persoas e están equipados cun pequeno armario para gardar a roupa e os obxetos persoais. O camarote de proa utilizao o patrón.

Cando unha família ou grupo de amigos nolo solicita, podemos habilitar a cama convertible do salón para aumentar a capacidade de pernoita ata 6 persoas.


Equipamento persoal:

-É imprescindible usar calzado tipo náutico ou con sola branca ou de goma moi clara (tamén vale o calzado deportivo con sola branca ou goma clara). As solas negras non poden ser usadas no barco. E, claro, os tacóns tampouco.

-Traede a vosa equipaxe nunha bolsa flexible. Trolleys, maletas ríxidas ou con armazón metálica non teñen cabida no barco. Isto é moi importante, xa que é imperativo que todos os obxetos estean firmemente estibados durante a navegacón, e os poucos espacios disponibles a bordo non teñen capacidade para gardar maletas ríxidas. Se ignorades estas instruccións, teredes que buscar a forma de enviar a equipaxe pola vosa conta ata o punto de destino/desembarque.


Informacións adicionais importantes:

Por favor, non deixedes de consultar a sección VIDA A BORDO no menu da nosa web, onde atoparedes moitas respostas para as preguntas maís frecuentes.





Tamén vos podería interesar ...









Barra Separadora