|
|
Rías Baixas e Parque Nacional das Illas Atlánticas en veleiro, aluguer praza a praza, por prazas ou ao completo desde 550 euros
As rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, forman un lugar único en España para as vacacións a vela. Centos de praias, decenas de vilas de pescadores, un número bó de marinas fan das Rías Baixas unha área de navegación verdadeiramente única: Baiona, a praia de Barar, a Ría de Aldan, Combarro, a illa de Arousa, os Xidoiros, as praias do Cabío... Disftura de navegacións tranquilas, dentro de rías ben protexidas, sabendo que a poucas millas haberá sempre un lugar interesante ao que aproar .
E ademáis o Parque Nacional das Illas Atlánticas, as illas de Cies, Ons e Sálvora Cortegada: natureza atlántica , paisaxes espectaculares, praias deliciosas... Probablemente este é un dos destinos naúticos máis desexados da costa galega, e certamente non vos ha decepcionar.
Para realizar esta singladura podes alugar o noso barco enteiro (máximo 6 persoas), ou en determinadas datas, alugua-lo por prazas (mínimo 4 persoas) e gozar dunha forma única de compartir as vacacións con xente das túas mesmas afeccións. E se sodes un gran grupo de máis de 6 persoas, podemos organizar unha flotilha de veleiros ...!
Zarpamos os luns, do 25 xuño ao 27 agosto, desde o porto de Vigo, ás 11 da mañá. O retorno, último día, será antes das 19:00.
| tarifas 2012 |
4 días |
5 días |
6 días |
7 días |
| por plazas |
395 |
495 |
595 |
695 |
| barco completo |
1.995 |
2.495 |
2.995 |
3.495 |
| O prezo inclúe o IVE, seguro de RC, neumática auxiliar con motor foraborda, tramitación de permisos de navegación e fondeo no P.N. Illas Atlánticas, e unha hora de carburante ao día. Non están incluidas comidas ou bebidas, gastos de amarres en marinas, nin extras de carburante. |
|
|