 |
 |
imago mundi, o nome da nosa empresa, son as palabras en latín coas que se coñecen as representacións xeográficas medievais previas ao desenvolvemento da cartografía científica, unha imaxinación do mundo, ou quizais, o mundo que imaxinamos. Un mundo polo que sentimos unha inmensa curiosidade inspirada no respecto ás persoas, a natureza e ao patrimonio cultural.
A nosa relación de anos coa vela e o mar nos levou a crear a empresa imago mundi en 2004. Desde entón, a través de sitios web www.velerosgalicia.com e www.maresdeitaca.es, compartimos a nosa paixón polo mar con centos de persoas en dúas áreas xeográficas: a costa de Galicia e o Mar Mediterráneo.
Nos últimos anos, os amigos de "Turquesa", o nome do noso derradeiro barco, foron aumentando progresivamente, e de feito son eles, é dicir vos, os que teñen dado, e continuan a dar sentido a este proxecto:
... Eu non sei o que este barco ten que permeia aos que veñen dun gran espírito positivo, de solidariedade e de xenerosidade. Un espírito que flúe ... Ou quizais sexa ao contrario, xa pasou tanta xente positiva, solidaria e xenerosa polo Turquesa que a vida a bordo non podería ser doutra maneira. En calquera caso, os nosos agradecementos, o do Turquesa e o meu propio, por compartir connosco estes días .. (Fragmento do blog maresdeitaca.es na sección de tripulacións)
Para saber máis sobre o que din de nós; maresdeitaca.es comentarios ... + Información
|
|
 |
 |