|
|
paseos en barco veleiro para grupos - Vigo
Opción A.- Ondas do mar de Vigo (2 horas)
Paseo en barco veleiro, desde o porto de Vigo, para navegar cara ao leste, en dirección ao estreito de Rande, pasando baixo a gran ponte colgante que une Vigo coa península do Morrazo, e desde alí acceder á bahía de San Simón. De regreso, navegaremos entre bateas de mexillóns, ostras, viveiros de rodaballo, pasando polas localidades de Domaio e Moaña
Opción B.- Praias da ría de Vigo (4 horas)
Paseo en barco veleiro pola ría de Vigo para coñecer algunhas das súas mellores praias, de difícil acceso por terra, e esplendidos lugares para botar a áncora, darse un baño e deixar que o mundo xire entorno a nós. O noso obxectivo é alcanzar as praias de Liméns, Temperáns, Nerga ou Barra, no sur da península do Morrazo, e despois dun agradable fondeo, regresar ao porto de Vigo
Notas importantes: Grupo mínimo, 6 persoas. Grupo máximo, 11 persoas. Datas dos paseos en veleiro desde Vigo: xulho e agosto, excluidas as fines de semana, o 25 de xullo e o 15 de agosto. Para navegar en fines de semana, ou ás Illas Cíes pincha aquí!
| Paseos |
Duración |
de luns a xoves |
venres |
| Opción A |
2 horas |
30 euros |
40 euros |
| Opción B |
4 horas |
50 euros |
60 euros |
| Prezos por persoa. O prezo inclúe o IVE, seguro de RC, carburante e gastos de amarres en porto base. No se inclúen comidas nin bebidas. |
|
|