paseos en barco veleiro para grupos - Coruña
Opción A.- Coruña dende o mar (2 horas)
Paseo en barco veleiro pola bahía da Coruña para obter unha perspectiva novedosa e extraordinaria da cidade desde o mar. Navegaremos desde el puerto, deixando a babor o castelo de San Antón, dique de abrigo, e dirixirnos cara Punta Herminia para observar unha vista única da Torre de Hércules, aboiando sobre as ondas.
Opción B.- Costa de Dexo e A Marola (3 horas)
Paseo en barco veleiro desde o porto da Coruña cara ao espazo protexido da Costa de Dexo, cos seus formidables acantilados e intensa vexetación. Dobraremos as puntas de Canabal e o Seixo Branco, e se o tempo o permite, circunnavegaremos o mítico illote da Marola; di o vello refrán dos pescadores "quen pasou a Marola, pasou a mar toda..."
Opción C.- Fondeo en Mera con "tortilla de Betanzos" (3 horas)
Paseo en barco veleiro pola bahía da Coruña cara as praias de Mera. Alí, botaremos a áncora e deixaremos que o mundo fluxa entorno a nós, mentras saboreamos as bondades da magnífica tortilla de Betanzos (bebidas incluidas: auga, refrescos ou cervexa)
Nota importante: Grupo mínimo: 6 persoas. Grupo máximo: 11 persoas. Datas dos paseos en veleiro desde Coruña: de setembro a xuño. Podes configurar o teu paseo combinando as distintas opcións.
| Paseos |
Duración |
precio por persoa |
| Opción A |
2 horas |
30 euros |
| Opción B |
3 horas |
40 euros |
| Opción C |
3 horas |
50 euros |
| Opción A+B |
4 horas |
50 euros |
| Opción A+C |
4 horas |
50 euros |
| Opción B+C |
5 horas |
60 euros |
| O prezo inclúe IVE, seguro de RC, carburante e gastos de amarres en porto base. As opcións C, A+C e B+C tamén incluen unha ración de tortilla e bebidas (auga, refrescos ou cervexa). |
|