|
|
illas Cíes - aluguer de veleiro - excursións (1 ou 2 días) xulio e agosto
excursión - paseo illas Cíes en veleiro 1 día, 590 euros (máximo 11 persoas)
Propoñémosvos navegar no noso veleiro "Turquesa" cara as illas Cíes. A distancia entre éstas e Vigo (unhas 8 millas náuticas) permite realizar esta singladura con comodidade nun solo día, zarpando ás 11:00 e regresando a porto, despois de ter disfrutado de todo o día no noso veleiro, arredor das 19:00. O plan (sempre flexible) consiste en navegar un par de horas pola mañá para alcanzar Cíes cara ao mediodía. Unha vez alí, fondear para dármonos un baño, almorzar no barco, ou desembarcar para dar un paseo pola illa. Na tardiña, abrimos velas de novo para regresar ao porto de Vigo.
vacacións nas illas Cíes en veleiro 2 días, 1.280 euros (máximo 6 persoas)
Tamén vos ofrecemos este destino operado en dous días para que poidades pernoctar a bordo do Turquesa. Se o tempo o permite, podemos dormir ancorados en Cíes. En caso contrario, ou simplemente se así o preferides, tamén podemos pasar a noite amarrados nos portos deportivos de Baiona, Portovonovo, Pedras Negras ou Sanxenxo. Dispoñendo dun día extra tamén é posible navegar arredor do arquipélago, ou fondear na fabulosa praia de Barra na península do Morrazo. A saída do porto de Vigo o primeiro día efectúase ás 11:00, e o regreso, o segundo día, cara as 19:00.
Nota: O prezo inclúe o IVE, seguro de RC, neumática auxiliar con motor foraborda, tramitación de permisos de navegación e fondeo no P.N. Illas Atlánticas, e unha hora de carburante ao día. Non están incluidas comidas ou bebidas, gastos de amarres en marinas nin extras de carburante. |
|