coruña e golfo ártabro en veleiro, 1 día, 495 euros (max. 11 pers.)

Zarpando do interior do porto da Coruña, deixando por estribor os espectaculares acantilados do Seixo Branco, e por babor a Torre de Hércules, os propoñemos duas opcións: a primeira, dirixirnos cara a angosta entrada da ría de Ferrol, cuio acceso desde o mar, entre os castelos da Palma e San Felipe, é dunha beleza extraordinaria; unha vez no interior da enseada, podemos amarrar no peirao de Mugardos para baixar a porto e degustar o célebre polbo "á mugardesa" ou dármosnos un baño en alguna das súas calas. Unha segunda opción sería a navegación cara ao interior da ría de Sada, navegar entre bateas e amarrar no pequeno porto de Lorbé para recobrar enerxías degustando unha ración dos célebres mexillóns deste lugar ou fondear nas protexidas calas de Redes ou Ares. Na tardiña, emprendemos o regreso cara Coruña. As singladuras son os sábados ou domingos, de setembro a xullo, saindo ás 11:00 e regresando cara as 19:00. Xullo, suplemento de 95 euros.

coruña e golfo ártabro en veleiro, 2 días, 995 euros (max. 6 pers.)

Se dispos de toda a fin de semana, podense combinar as opcións anteriores, ou ben navegar quince millas ao oeste da Torre de Hércules, onde atopamos as Illas Sisargas, espazo natural protexido cunha das maiores colonias de gaivotas e corvos mariños da costa galega. Á outra beira do canal de San Adrián, atópase o pobo pesqueiro de Malpica, onde podemos pasar a noite. Neste caso, zárpase o sábado ás 11:00 desde Coruña regresase o domingo antes das 19:00. Xullo, suplemento de 285 euros.

Nota: O prezo inclúe o IVE, seguro de RC, neumática auxiliar con motor foraborda, tramitación de permisos de navegación e fondeo no P.N. Illas Atlánticas, e unha hora de carburante ao día. Non están incluidas comidas ou bebidas, gastos de amarres en marinas nin extras de carburante.

   

 

     
 
 
aluguer de veleiros en galicia - vacacións a vela en galicia - illas cíes en veleiro - rías baixas a toda vela - a coruña e golfo ártabro en veleiro - aluguer de barcos en galicia - vacacións en veleiro en galicia - aluguer de veleiro nas rías baixas - veleiro con patrón en galicia - aluguer de veleiros nas illas cíes - yacht charter en galicia - aluguer de veleiro na coruña - vacacións en veleiro en galicia - aluguer de veleiros nas rías baixas - veleiros nas rías galegas - despedidas de solteira en veleiro - barcotel en coruña e vigo - paseos en veleiros na coruña e/ou vigo