O "TURQUESA" é un moderno veleiro de máis de 13 metros de eslora (beneteau oceanis clipper 423), construido en 2004 e mantido a conciencia. As súas maiores virtudes: seguro, espacioso e cómodo.
Dispón de tres cabinas dobles, dous baños e un salón convertible nun amplo dormitorio doble. Está perfectamente equipado; tanto no referente a medidas de seguridade, como a navegación electrónica e accesorios destinados a facilitar a vida a bordo.
A maniobra a vela está moi simplificada, con enrolladores de maior e de xénova, axudados por un winche eléctrico. Para os días sen vento dispón dun motor Volvo de 55 cabalos. Ademáis, para as maniobras en porto, está dotado dunha hélice de proa que facilita os atraques en espazos reducidos ou con vento polo través.
Co Turquesa navegamos entre 2009 e 2011 polo Mediterráneo con total seguridade, desde Galicia ata Grecia e Turquía, pasando por Baleares, Cerdeña e Sicilia; unha extraordinaria viaxe de algo máis de 6.000 millas mariñas (un 11.000 kilómetros terrestres). Se queres saber algo máis das nosas viaxes podes acceder á bitácora de www.maresdeitaca.es